TELEXORNAL 2013
5 de enero de 2018NUEVA LEY DE PROTECCIÓN DE DATOS EUROPEA
29 de mayo de 2018Unha pequena representación do mundo enteiro convive no concello ourensán de San Amaro. Son o participantes dun retiro de meditación que se celebra no mosteiro de Ventoselo, referente do budismo en occidente.
O mosteiro da pequena aldea de Ventoselo é un centro de peregrinaxe para budistas de todo o mundo.
No retiro de meditación que comeza hoxe participan alumnos de lugares tan distantes como Malasia, Francia, Estados Unidos ou Australia. A convivencia entre culturas tan dispares tamén é un medio de aprendizaxe.
Á fronte do mosteiro está o seu fundador, o lama Tenzing, quen guía aos participantes na busca da felicidade.
O retiro dura quince días. Dúas semanas de meditación intensiva, un mínimo de 6 horas diarias, para recitar máis de cen mil mantras dedicados a esta deidade feminina, a buda Tara Verde.
Este mosteiro, fundado en 2009, aspira a converterse na primeira universidade budista de occidente.